As miñas expectativas acerca desta materia son altas en canto aos contidos que vexo posible que se instauren en min despois de cursala. Teño unha visión bastante negativa sobre min mesma porque creo que as tecnoloxías non son o meu punto forte, mais teño ganas de aprender e formarme neste ámbito xa que o considero moi importante hoxe en día. As tecnoloxías que se empregan de forma responsable poden ser unha moi boa ferramenta para os sistemas de ensino-aprendidaxe. Contribuír no sistema educativo con estas prácticas pode fomentar un desenvolvemento nas persoas que sirva de gran axuda, tanto para elas mesmas como para a sociedade en conxunto. É necesario intentar entender estas opcións e saber utilizalas adecuadamente, abrindo camiño a un amplo mundo de posibilidades. En conclusión, vexo nesta materia unha oportunidade de formación, que impartida como mestra pode ter un amplo grado de aprendizaxe tanto para as persoas que a imparten como as que a reciben.