Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

Os recursos educativos

Na sesión número tres da clase de Novas Tecnoloxías adicámonos á búsqueda de recursos educativos na rede. Cada un destes compoñentes do grupo buscou dous recursos educativos como poden ser cancións, xogos... Para poder elexir que recursos tivemos que pornos na pel dos nenos de primaria, especialmente do curso no que nós nos centramos para cada un deles. Todos os recursos que eleximos xiran en torno ao noso tema central que son as froitas.  Ao utilizar estes recursos nunha hipotética aula, traballamos distintas materias ordinarias como poden ser as matemáticas ou o inglés, con algo tan común e coñecido como son para os nenos como son as froitas, e noutros casos utilizamos estes recursos coma unha fonte de diversión ou de entremento para que os nenos e nenas aprendan tamén a través do xogo, como por exemplo, practicando a lectura seguindo a letra dunha canción. póster cos recursos

Recursos educativos

No meu caso decidín elixir como recursos educativos integrando as TIC un xogo na rede e un vídeo. Elexín estes dous recursos xa que penso que ambos se axustan tanto aos contidos que quero transmitir os nenos. Primeiramente, para decidir que recurso quería centreime en que este xirase en torno ó noso tema grupal que son as froitas. No xogo podemos ver como se traballan, ademáis dos nomes das froitas en inglés, tamén a capacidade dos nenos en memorizar eses nomes e asocialos ós diferentes debuxos. Apicamos así como unha parte do currículum, reflectida no artigo 105/2014, na que se amosa que os nenos de educación primaria deben ter competencias nunha lingua extranxeira. No vídeo amósansenos unha serie de adiviñanzas, donde os nenos traballan así o pensar nalgo tan común para eles como son as froitas, e exercitan a mente pensando a través das adiviñanzas cal delas pode ser. A continuación ambos enlaces dos dous recursos elexidos: Xogo vídeo de adiviñanzas
A pizarra interactiva é unha pantalla que conectada a un ordenador e a un proxector, utilízase coma unha ferramenta para a ensinanza. No noso grupo decidimos elixir o proxecto PDI, xa que cremos que pode ser unha forma interesante de traballar os contidos na aula, todos os alumnos poden gozar á vez deste material nas aulas, utilizalo cooperativamente ademais de que posúe unha interesante parte interactiva. As PDI na docencia pódense aplicar en cursos para diferentes idades e combinar diferentes modelos de ensinanza: Pode ser utilizada para explicar contidos, para facer búsquedas en internet, para presentar os alumnos información nela, para realizar exercicios ou debates, para correxir tarefas... Utilizando a PDI introducimos as TIC nos procesos de aprendizaxe e ensino, enriquécense as prácticas da aula, ensínase aos nenos e nenas a facer un uso correcto de internet, que é unha ferramenta que se utiliza na actualidade e con moito interese.