Ir al contenido principal
A pizarra interactiva é unha pantalla que conectada a un ordenador e a un proxector, utilízase coma unha ferramenta para a ensinanza.
No noso grupo decidimos elixir o proxecto PDI, xa que cremos que pode ser unha forma interesante de traballar os contidos na aula, todos os alumnos poden gozar á vez deste material nas aulas, utilizalo cooperativamente ademais de que posúe unha interesante parte interactiva.
As PDI na docencia pódense aplicar en cursos para diferentes idades e combinar diferentes modelos de ensinanza:
Pode ser utilizada para explicar contidos, para facer búsquedas en internet, para presentar os alumnos información nela, para realizar exercicios ou debates, para correxir tarefas...

Utilizando a PDI introducimos as TIC nos procesos de aprendizaxe e ensino, enriquécense as prácticas da aula, ensínase aos nenos e nenas a facer un uso correcto de internet, que é unha ferramenta que se utiliza na actualidade e con moito interese.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aspiracións sobre a materia

As miñas expectativas acerca desta materia son altas en canto aos contidos que vexo posible que se instauren en min despois de cursala. Teño unha visión bastante negativa sobre min mesma porque creo que as tecnoloxías non son o meu punto forte, mais teño ganas de aprender e formarme neste ámbito xa que o considero moi importante hoxe en día. As tecnoloxías que se empregan de forma responsable poden ser unha moi boa ferramenta para os sistemas de ensino-aprendidaxe. Contribuír no sistema educativo con estas prácticas pode fomentar un desenvolvemento nas persoas que sirva de gran axuda, tanto para elas mesmas como para a sociedade en conxunto. É necesario intentar entender estas opcións e saber utilizalas adecuadamente, abrindo camiño a un amplo mundo de posibilidades. En conclusión, vexo nesta materia unha oportunidade de formación, que impartida como mestra pode ter un amplo grado de aprendizaxe tanto para as persoas que a imparten como as que a reciben.

Os recursos educativos

Na sesión número tres da clase de Novas Tecnoloxías adicámonos á búsqueda de recursos educativos na rede. Cada un destes compoñentes do grupo buscou dous recursos educativos como poden ser cancións, xogos... Para poder elexir que recursos tivemos que pornos na pel dos nenos de primaria, especialmente do curso no que nós nos centramos para cada un deles. Todos os recursos que eleximos xiran en torno ao noso tema central que son as froitas.  Ao utilizar estes recursos nunha hipotética aula, traballamos distintas materias ordinarias como poden ser as matemáticas ou o inglés, con algo tan común e coñecido como son para os nenos como son as froitas, e noutros casos utilizamos estes recursos coma unha fonte de diversión ou de entremento para que os nenos e nenas aprendan tamén a través do xogo, como por exemplo, practicando a lectura seguindo a letra dunha canción. póster cos recursos