Ir al contenido principal

Entradas

Reflexión final

Para min, cursar esta asignatura foi un descubrimento pleno da cantidade de beneficios que traen consigo as TIC. Ao comezar estaba bastante asustada xa que non son especialmente experta no ámbito tecnolóxico, pero unha vez comecei a realizar as prácticas puiden apreciar o significado que as tecnoloxías lle dan á mesma. A cantidade de proxectos e actividades que se poden realizar, a forma didáctica de abordar aprendizaxe, a diversión enlazada co traballo e a educación. A través das tecnoloxías da información e a comunicación ábrese un amplo mundo con múltiples cousas por explorar, un mundo no que podemos entrar e observar, participar e incluso innovar. No que se lle dá a posibilidade ás nenas e os nenos de potenciar a súa creatividade, o seu pensamento. De facelos partícipes nunha nova esencia que nos impregna de ensinanzas. Este novo modelo na educación dá pé a múltiples opcións, nas que grazas á súa variedade podemos explorar inmersos campos e ir axustándoos ás necesidades d...
Entradas recientes

Entrada final

Después de este  cuatrimestre trabajando con las nuevas tecnologías debo decir que me parece un ámbito de vital importancia tanto como para la actualidad como para un futuro próximo. Al empezar este cuatrimestre con NNTT tenia bastantes dudas de si iba a ser capaz de llevar bien esta asignatura ya que las nuevas tecnologías y yo no eramos muy compatibles pero con el paso del tiempo y la buena adaptación a ella descubrí la variedad de posibilidades que esta materia presenta y las distintas formas de emplearla en el ámbito académico y en otros muchos ámbitos pero destaco en el que yo he trabajado. Después de participar en esta experiencia con las NNTT no dudaré en seguir formándome y sobre todo en seguir utilizándolas en los futuros proyectos y trabajos.

Reflexión sobre a materia de nntt, Isabel Guillade

A materia de Novas Tecnoloxías durante este cuatrimestre, acercoume a todos aqueles coñecementos sobre as TIC que descoñecía, e que se poden aplicar no ámbito educativo. Moitos deles, como a creación do Blog, xa os utilizara con anterioridade, mais, algo novidoso para min foi a Web Quest, ou o uso do Edilim para crear novos recursos. Sinto que todas as prácticas que fun realizando ao longo deste cuatrimestre, foron claves para que comprendese o importante que pode ser o uso das novas tecnoloxías dentro dunha aula, e como actividades que moitas veces resultan pesadas para os alumnos, grazas as TIC poden ser más entretidas, facendo así que o proceso de ensino aprendizaxe sexa moitísmo máis agradable para os alumnos. En definitiva, creo que esta materia é clave para unha formación como a de ser mestre, xa que é preciso introducir cada vez máis a tecnoloxía nas aulas, achegando así diversos modos de aprender.

Proxecto final!

Tras a realización de todas as prácticas ao longo do cuatrimestre, finalmente conseguimos chegar ao proxecto final! Nel organizamos os diferentes recursos para utilizar nunha aula de primaria segundo consideramos oportuno, e explicamos o por que de cada lugar segundo as diferentes posibilidades e diferentes características de cada un deles. Agardamos que vos guste!
Algunhas das actividades que realizamos no noso libro interactivo foron realizadas dende o propio Edilim xa que se podían axustar as actividades que nós pretendíamos crear. Como as condicións nas que nos atopamos na actualidade, son de que cada compoñente do noso grupo se atopa na súa casa, algúns recursos non puideron ser feitos directamente no Edilim, senón que se fixeron na aplicación Educaplay. Nos gustou esta aplicación para poder xerar as actividades que nos pretendiamos, xa que ademáis dunha ampla gana de oportunidades para facer, tamén contaba cun escáner no cal examinaba a túa actividade para ver a súa calidade e se esta tiña unha calidade baixa, non deixaría publicala. E así que nos transmitiu confianza e fiabilidade de que as actividades que creásemos foran adecuadas e lúdicas para os nenos e as nenas de educación primaria.
No noso grupo Doctoras Fleming quixemos utilizar como ferramenta para crear este libro interactivo a aplicación Edilim. Foi unha ferramenta que cando a descargamos nos custou moito entender. Co paso de cerrar e borrar puidemos saber como funcionaba. Finalmente decidimos engadir ahí algúns dos recursos que xa realizáramos noutras aplicacións que comentaremos noutro post do blog, pero outras actividades as realizamos no propio edilim xa que cremos que podían ser interesantes e axustarse o noso tema que son as froitas. En xeral, e tras o custoso traballo que conlevou realizar esta práctica, estamos contentos cos resultados e cremos que serían útiles nunha clase de educación primaria ademáis de divertidos para os nenos.