Algunhas das actividades que realizamos no noso libro interactivo foron realizadas dende o propio Edilim xa que se podían axustar as actividades que nós pretendíamos crear. Como as condicións nas que nos atopamos na actualidade, son de que cada compoñente do noso grupo se atopa na súa casa, algúns recursos non puideron ser feitos directamente no Edilim, senón que se fixeron na aplicación Educaplay. Nos gustou esta aplicación para poder xerar as actividades que nos pretendiamos, xa que ademáis dunha ampla gana de oportunidades para facer, tamén contaba cun escáner no cal examinaba a túa actividade para ver a súa calidade e se esta tiña unha calidade baixa, non deixaría publicala. E así que nos transmitiu confianza e fiabilidade de que as actividades que creásemos foran adecuadas e lúdicas para os nenos e as nenas de educación primaria.
Na sesión número tres da clase de Novas Tecnoloxías adicámonos á búsqueda de recursos educativos na rede. Cada un destes compoñentes do grupo buscou dous recursos educativos como poden ser cancións, xogos... Para poder elexir que recursos tivemos que pornos na pel dos nenos de primaria, especialmente do curso no que nós nos centramos para cada un deles. Todos os recursos que eleximos xiran en torno ao noso tema central que son as froitas. Ao utilizar estes recursos nunha hipotética aula, traballamos distintas materias ordinarias como poden ser as matemáticas ou o inglés, con algo tan común e coñecido como son para os nenos como son as froitas, e noutros casos utilizamos estes recursos coma unha fonte de diversión ou de entremento para que os nenos e nenas aprendan tamén a través do xogo, como por exemplo, practicando a lectura seguindo a letra dunha canción. póster cos recursos
Comentarios
Publicar un comentario