Para min, cursar esta asignatura foi un descubrimento pleno da cantidade de beneficios que traen consigo as TIC. Ao comezar estaba bastante asustada xa que non son especialmente experta no ámbito tecnolóxico, pero unha vez comecei a realizar as prácticas puiden apreciar o significado que as tecnoloxías lle dan á mesma. A cantidade de proxectos e actividades que se poden realizar, a forma didáctica de abordar aprendizaxe, a diversión enlazada co traballo e a educación. A través das tecnoloxías da información e a comunicación ábrese un amplo mundo con múltiples cousas por explorar, un mundo no que podemos entrar e observar, participar e incluso innovar. No que se lle dá a posibilidade ás nenas e os nenos de potenciar a súa creatividade, o seu pensamento. De facelos partícipes nunha nova esencia que nos impregna de ensinanzas. Este novo modelo na educación dá pé a múltiples opcións, nas que grazas á súa variedade podemos explorar inmersos campos e ir axustándoos ás necesidades d...