Para min, cursar esta asignatura foi un descubrimento pleno da cantidade de beneficios que traen consigo as TIC.
Ao comezar estaba bastante asustada xa que non son especialmente experta no ámbito tecnolóxico, pero unha vez comecei a realizar as prácticas puiden apreciar o significado que as tecnoloxías lle dan á mesma.
A cantidade de proxectos e actividades que se poden realizar, a forma didáctica de abordar aprendizaxe, a diversión enlazada co traballo e a educación.
A través das tecnoloxías da información e a comunicación ábrese un amplo mundo con múltiples cousas por explorar, un mundo no que podemos entrar e observar, participar e incluso innovar. No que se lle dá a posibilidade ás nenas e os nenos de potenciar a súa creatividade, o seu pensamento.
De facelos partícipes nunha nova esencia que nos impregna de ensinanzas.
Este novo modelo na educación dá pé a múltiples opcións, nas que grazas á súa variedade podemos explorar inmersos campos e ir axustándoos ás necesidades de cada persoa.
Contribúen a xerar unha sociedade máis crítica, na que teñan que ser conscientes das súas accións e das repercursións que estas poden ter. Mediante internet poden observar como o que elas e eles fagan é de especial relevancia e pode afectar significativamente ao resto de persoas. Hai que ensinarlles a ter valores e ser respectuosos.
Aprenden que existe diversidade non só na vida real senón tamén a través dunha pantalla.
Poden soñar, crear e descubrir. E non só elas e eles, senón tamén as profesoras e os profesores.
Eu, como estudante de educación primaria e tras ter cursado esta materia podo dicir que sinto que gañei un maior coñecemento dun ámbito practicamente descoñecido para min, e isto pódeme axudar para pensar doutro modo e crear ideas que vaian máis alá do establecido.
Paréceme realmente interesante seguir explorando esta amplitude e xerando novos conceptos para a aprendizaxe da vida.
Comentarios
Publicar un comentario