Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020
Algunhas das actividades que realizamos no noso libro interactivo foron realizadas dende o propio Edilim xa que se podían axustar as actividades que nós pretendíamos crear. Como as condicións nas que nos atopamos na actualidade, son de que cada compoñente do noso grupo se atopa na súa casa, algúns recursos non puideron ser feitos directamente no Edilim, senón que se fixeron na aplicación Educaplay. Nos gustou esta aplicación para poder xerar as actividades que nos pretendiamos, xa que ademáis dunha ampla gana de oportunidades para facer, tamén contaba cun escáner no cal examinaba a túa actividade para ver a súa calidade e se esta tiña unha calidade baixa, non deixaría publicala. E así que nos transmitiu confianza e fiabilidade de que as actividades que creásemos foran adecuadas e lúdicas para os nenos e as nenas de educación primaria.
No noso grupo Doctoras Fleming quixemos utilizar como ferramenta para crear este libro interactivo a aplicación Edilim. Foi unha ferramenta que cando a descargamos nos custou moito entender. Co paso de cerrar e borrar puidemos saber como funcionaba. Finalmente decidimos engadir ahí algúns dos recursos que xa realizáramos noutras aplicacións que comentaremos noutro post do blog, pero outras actividades as realizamos no propio edilim xa que cremos que podían ser interesantes e axustarse o noso tema que son as froitas. En xeral, e tras o custoso traballo que conlevou realizar esta práctica, estamos contentos cos resultados e cremos que serían útiles nunha clase de educación primaria ademáis de divertidos para os nenos.
O noso proxecto ten por nome Macedoniedade, xa que a través do tema das froitas abordamos contidos da sociedade actual que debemos tratar de eliminar en conxunto, como poden ser a exclusión social, racismo, bullying, etc, ao tempo que resaltamos as virtudes que posúen as mesmas e os beneficios que produce a súa inxesta. Para realizar esta actividade na nosa hipotética aula utilizamos como recurso audiovisual un vídeo no que imos levar a cabo unha representación feita polo propio alumnado na que aparezan os diversos tipos de froitas debuxadas por eles/as mesmos/as. Este recurso foi escollido xa que consideramos que é o máis apropiado pola súa facilidade e a interacción que os alumnos e alumnas realizan nel, xa que cremos que así causaría un impacto de interese neles/as e ganas de levalo a cabo, sendo eles/as os/as protagonistas.