Ir al contenido principal
No noso grupo Doctoras Fleming quixemos utilizar como ferramenta para crear este libro interactivo a aplicación Edilim. Foi unha ferramenta que cando a descargamos nos custou moito entender. Co paso de cerrar e borrar puidemos saber como funcionaba. Finalmente decidimos engadir ahí algúns dos recursos que xa realizáramos noutras aplicacións que comentaremos noutro post do blog, pero outras actividades as realizamos no propio edilim xa que cremos que podían ser interesantes e axustarse o noso tema que son as froitas.
En xeral, e tras o custoso traballo que conlevou realizar esta práctica, estamos contentos cos resultados e cremos que serían útiles nunha clase de educación primaria ademáis de divertidos para os nenos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aspiracións sobre a materia

As miñas expectativas acerca desta materia son altas en canto aos contidos que vexo posible que se instauren en min despois de cursala. Teño unha visión bastante negativa sobre min mesma porque creo que as tecnoloxías non son o meu punto forte, mais teño ganas de aprender e formarme neste ámbito xa que o considero moi importante hoxe en día. As tecnoloxías que se empregan de forma responsable poden ser unha moi boa ferramenta para os sistemas de ensino-aprendidaxe. Contribuír no sistema educativo con estas prácticas pode fomentar un desenvolvemento nas persoas que sirva de gran axuda, tanto para elas mesmas como para a sociedade en conxunto. É necesario intentar entender estas opcións e saber utilizalas adecuadamente, abrindo camiño a un amplo mundo de posibilidades. En conclusión, vexo nesta materia unha oportunidade de formación, que impartida como mestra pode ter un amplo grado de aprendizaxe tanto para as persoas que a imparten como as que a reciben.

Os recursos educativos

Na sesión número tres da clase de Novas Tecnoloxías adicámonos á búsqueda de recursos educativos na rede. Cada un destes compoñentes do grupo buscou dous recursos educativos como poden ser cancións, xogos... Para poder elexir que recursos tivemos que pornos na pel dos nenos de primaria, especialmente do curso no que nós nos centramos para cada un deles. Todos os recursos que eleximos xiran en torno ao noso tema central que son as froitas.  Ao utilizar estes recursos nunha hipotética aula, traballamos distintas materias ordinarias como poden ser as matemáticas ou o inglés, con algo tan común e coñecido como son para os nenos como son as froitas, e noutros casos utilizamos estes recursos coma unha fonte de diversión ou de entremento para que os nenos e nenas aprendan tamén a través do xogo, como por exemplo, practicando a lectura seguindo a letra dunha canción. póster cos recursos