O noso proxecto ten por nome Macedoniedade, xa que a través do tema das froitas abordamos contidos da sociedade actual que debemos tratar de eliminar en conxunto, como poden ser a exclusión social, racismo, bullying, etc, ao tempo que resaltamos as virtudes que posúen as mesmas e os beneficios que produce a súa inxesta.
Para realizar esta actividade na nosa hipotética aula utilizamos como recurso audiovisual un vídeo no que imos levar a cabo unha representación feita polo propio alumnado na que aparezan os diversos tipos de froitas debuxadas por eles/as mesmos/as.
Este recurso foi escollido xa que consideramos que é o máis apropiado pola súa facilidade e a interacción que os alumnos e alumnas realizan nel, xa que cremos que así causaría un impacto de interese neles/as e ganas de levalo a cabo, sendo eles/as os/as protagonistas.

Comentarios
Publicar un comentario