Ir al contenido principal

Reflexión sobre a materia de nntt, Isabel Guillade

A materia de Novas Tecnoloxías durante este cuatrimestre, acercoume a todos aqueles coñecementos sobre as TIC que descoñecía, e que se poden aplicar no ámbito educativo.
Moitos deles, como a creación do Blog, xa os utilizara con anterioridade, mais, algo novidoso para min foi a Web Quest, ou o uso do Edilim para crear novos recursos.
Sinto que todas as prácticas que fun realizando ao longo deste cuatrimestre, foron claves para que comprendese o importante que pode ser o uso das novas tecnoloxías dentro dunha aula, e como actividades que moitas veces resultan pesadas para os alumnos, grazas as TIC poden ser más entretidas, facendo así que o proceso de ensino aprendizaxe sexa moitísmo máis agradable para os alumnos. En definitiva, creo que esta materia é clave para unha formación como a de ser mestre, xa que é preciso introducir cada vez máis a tecnoloxía nas aulas, achegando así diversos modos de aprender.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aspiracións sobre a materia

As miñas expectativas acerca desta materia son altas en canto aos contidos que vexo posible que se instauren en min despois de cursala. Teño unha visión bastante negativa sobre min mesma porque creo que as tecnoloxías non son o meu punto forte, mais teño ganas de aprender e formarme neste ámbito xa que o considero moi importante hoxe en día. As tecnoloxías que se empregan de forma responsable poden ser unha moi boa ferramenta para os sistemas de ensino-aprendidaxe. Contribuír no sistema educativo con estas prácticas pode fomentar un desenvolvemento nas persoas que sirva de gran axuda, tanto para elas mesmas como para a sociedade en conxunto. É necesario intentar entender estas opcións e saber utilizalas adecuadamente, abrindo camiño a un amplo mundo de posibilidades. En conclusión, vexo nesta materia unha oportunidade de formación, que impartida como mestra pode ter un amplo grado de aprendizaxe tanto para as persoas que a imparten como as que a reciben.

Os recursos educativos

Na sesión número tres da clase de Novas Tecnoloxías adicámonos á búsqueda de recursos educativos na rede. Cada un destes compoñentes do grupo buscou dous recursos educativos como poden ser cancións, xogos... Para poder elexir que recursos tivemos que pornos na pel dos nenos de primaria, especialmente do curso no que nós nos centramos para cada un deles. Todos os recursos que eleximos xiran en torno ao noso tema central que son as froitas.  Ao utilizar estes recursos nunha hipotética aula, traballamos distintas materias ordinarias como poden ser as matemáticas ou o inglés, con algo tan común e coñecido como son para os nenos como son as froitas, e noutros casos utilizamos estes recursos coma unha fonte de diversión ou de entremento para que os nenos e nenas aprendan tamén a través do xogo, como por exemplo, practicando a lectura seguindo a letra dunha canción. póster cos recursos