A materia de Novas Tecnoloxías creo que está neste curso porque pode ser interesante e necesaria para a nosa formación como futuros docentes, para a cal nos estamos formando.
Creo que esta materia está orientada a coñecer mellor as TIC, que actualmente nos rodean no día a día, e ademais de coñecelas saber usalas coma unha ferramenta para a aprendizaxe.
Persoalmente, non coñezo demasiado a tecnoloxía, utilizo as redes sociais comúns (coma Instagram, Whatsapp, Twitter...) mais non teño moitos coñecementos sobre este campo, nin sei como defenderme adecuadamente.
O que espero desta materia, neste cuatrimestre é obter unha serie de pautas ou de coñecementos acerca da tecnoloxía, en concreto da que se poida aplicar no campo educativo, para poder facer uso delas no caso de que poida desenvolver a tarefa de ser docente nun centro de educación primaria.
Comentarios
Publicar un comentario